A enseada de San Simon deunos a oportunidade de coñecer novos aspectos e valores da Ría de Vigo: visitamos a confraría de pescadores de Arcade, onde podemos ver o traballo das mariscadoras e falar con elas na lonxa mentres descargaban as ameixas. Xulia Alonso e Silvia Mateos tiveron a sorte de embarcar con elas e filmar o seu traballo para logo montar un pequeno documental.
Aproveitamos tamén para recoller e clasificar lixo na praia do Peirao.
Pasamos pola praia de Cesantes, onde poidemos apreciar a frecha do areal que case o une coa illa de San Simón.
Visitamos o Museo de Rande, situado nunha antiga fábrica de salazón, onde nos contaron a historia da fábrica e todo o que se relaciona con batalla de Rande, que nos serviu como excusa para coñecer mellor o fondo da Ría e un dos seus habitantes: o choco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
cóntanos o que che parece