15 de mar. de 2016

Paseo Porto de Vigo

O Porto de Vigo representa un dos sectores produtivos principais da cidade, e un exemplo do que a ría nos permite: comunicacións e transporte de mercancías, explotación pesqueira, armadoras e empresas derivadas.
A nosa visita permitiunos decatarnos da escala deste porto, das súas dimensións e distribución na fronte marítima da cidade. 

Decatámonos da escasa presenza de traballadoras en varios sectores do porto, conseguimos falar con algunha delas, e constatamos que a maior presenza é nos traballos de oficina e limpeza.

Tamén percibimos unha visión diferente de paisaxes marítimas que nos ofrecen os peiraos de pesca, asteleiros e áreas industriais, que sorprenden pola súa escala.