29 de xan. de 2016

Árbores

Un acontecemento fortuito, a tala duns chopos no recinto do centro que naceran de modo espontáneo e con perigo de derribo, ofreceunos un material gratuito que nos acompañou durante todo o curso.

 Aproveitamos para ler un conto sobre o tema: a árbore generosa (en língua portuguesa) que fala da amizade entre un neno e unha árbore e analiza todo o que a natureza nos regala. 

Este foi o punto de partida, onde os tocos entraron no edificio converténdose en obxectos artísticos, reubicados a cada pouco e interaccionando coas persoas, buscando unha nova mirada. Agora mesmo son parte xa da comunidade. Serviron de elementos de apoio, escenario, reflexión, e criaron un vínculo.



























23 de xan. de 2016

8M: pan e rosas

O 8 de marzo adícase ó día da muller traballadora, celebrado dende 1914 en comemoración dunha marcha de mulleres no 8 de marzo de 1908, na que reclamaban os seus dereitos como mulleres traballadoras co lema "pan e rosas".(historia)
Imos celebrar este día non noso centro cunha exposición, onde faremos homenaxe ás mulleres que son un referente para nós, coñecidas ou anónimas, asi que ide escollendo ás vosas referentes. (faremos unha listaxe para que non se repitan)

esta é a exposición logo dos traballos individuais:









tamén Pilar, do departamento de matemáticas colaborou cunha exposición de traballos sobre mulleres matemáticas feita polos seus alumnos