29 de abr. de 2016

murais no ximnasio, novas paisaxes

Este proxecto xurde como un encargo do departamento de Educación Física para mellorar o aspecto das paredes do ximnasio, un pouco deterioradas polo tempo e o uso. Era un empeño de Nacho (profesor de Educación Física) que os alumnos se implicasen e colaborasen neste tipo de tarefas. Así que se trasladou á aula de debuxo técnico de 1º Bach no primeiro trimestre, ainda que se abriu como concurso para todo o IES. Foi unha oportunidade tamén para levantar planos do edificio, empregar tramas e mallas xeométricas, falar de xeometrtía e arte, explicar perspectiva cónica, traballar as escalas, as semellanzas.
Fíxose unha primera exposición no centro para testar a percepción da comunidade educativa.
No segundo trimestre parece axeitado darlle unha segunda volta en grupos según as ideas de proposta. Aproveitábase a ocasión para o traballo en grupo, posta en común e acordos para mellorar e unificar as propostas.

Realizouse unha segunda exposición, na que un xurado conformado por alumnos de Debuxo Técnico de 2º de Bach e Roberto (o seu profesor), alleos ó proceso, escollen as dúas propostas para as paredes exterior e interior.



Casualmente a temática dos dous proxectos gañadores identifícase con motivos mariños, con que nos parecen unha oportunidade fantástica para integrar o proxecto dentro do plan de ELASnaRÍA. Son murais que amplían a percepción espacial e convirten unha entrada e un corredor nunha esperiencia visual.
Deste modo, mentres na terceira avaliación se executa o mural cos equipos de traballo, estudamos de novo o deseño da figura humana que aparece no mural exterior, propoñendo que dita figura sexa representada por iconas femininas, ou cuns trazados que expresen unha idea do corpo humano diferente dos estereotipos de representación do masculino como referente predominante.
Ainda que estes grupos de alumnos de 1º de Bach. non foran incluídos no proxecto global, foi alentador ver cómo se integraron nel, apoiando varias tarefas, como a creación do ollo esquerdo de Castelao, o deseño das caixas de cartón para os regalos das charlas, e sobre todo polo ambiente creado na execución dos murais do ximnasio, onde foron practicamente autónomos e foron quen de acadar capacidades que difícilmente se desenvolven na aula: responsabilidade, xenerorsidade no tempo adicado, compromiso, apoio colectivo para acadar un obxectivo común, visión autocrítica, corrixir para mellorar, conexión con idea dos que deseñaron os murais, María Girón e Juan Guerrero, que demostraron saber organizar ás súas compañeiras e compañeiros e tansmitirlles a idea, de todos os que acudiron polas tardes e nos recreos para poder rematar. Para os profesores implicados: Nacho, Paloma e eu mesmo foi edificante velos traballar, organizarse, tomar decisións, reflexionar e materializar un proxecto que se espallou no tempo e cobrou por iso un significado maior.




proposta individual de María Girón
proposta do grupo de María Girón

proposta individual de Juan Guerrero

proposta do grupo de Juan Guerrero

  





























paseo Costa da Vela

Os departamentos de Bioloxía e Educación Física organizaron para a segunda quincena de Xuño un percorrido a pé pola Costa da Vela, a parte peninsular do Parque Nacional, visitando a Punta do Facho, Cabo Home e a praia de Nerga.
Fixeronse actividades de fotografía de natureza e paisaxe e recollida de lixo nos areais.











28 de abr. de 2016

paseo Casco Vello en A

O día 10 de maio fixemos unha visita ó casco vello de Vigo, onde percorreremos as rúas e observamos a rehabilitación de edificios e espazos publicos, facendo fincapé nas vistas cara a Ría de Vigo. Visitamos o edificio Cambón, onde se sitúa o centro de interpretación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Ali a bióloga Beatríz Gamallo falounos sobre a transcendencia de declarar as illas como Parque Nacional, e os valores naturais e paisaxísticos do conxunto.

OO alumnado fixo un traballo sobre os valores do Parque, que serviron como guía para a visita ás Illas Cíes en Xuño dos grupos de 1º e 2º de ESO, no que os alumnos de 4º fixeron de guías.