25 de abr. de 2016

curtas ELASnaRÍA

Aproveitando a inclusión no temario de Educación Plastica da linguaxe audiovisual propose ós alumnos de 4º de ESO realizar en grupos unha pequena producción audiovisual de arredor de 3 minutos coa temática de ELASnaRÍA, explícanse na aula os elementos básicos da linguaxe audiovisual co material que ofrece a web de Aturuxo Films https://aturuxofilms.wordpress.com e o visionado de diferentes curtametraxes para analizar recursos técnicos e mensaxes.
Fíxose un pequeno exercicio na aula co spot de recoméndoche un libro http://www.lingua.gal/recursos/todos/_/equipos-dinamizacion/contido_0513/recomendoche-libro , onde se lles propuso escoller un libro que lles gostara escrito por unha muller.







Logo os alumnos comezaron o seu proceso de creación, elaboraron guión e storyboard da curta, gravación e montaxe.
O día 21 celebrouse a estrea, onde se proxectaron todos os traballos rematados e se repartiron diplomas ós mellores de cada categoría.

PREMIO MELLOR DOCUMENTAL: ELAS EN SAN SIMÓN
PREMIO MELLOR VIDEO DE COMEDIA E MELLOR ACTUACIÓN: A CONTRAPICADO
PREMIO MELLOR VIDEO DE FICCIÓN:  SU LIBERTAD
PREMIO MELLOR GUIÓN ORIXINAL: A VIAXE DUNHA MOCHILA














Ningún comentario:

Publicar un comentario

cóntanos o que che parece