22 de feb. de 2016

Paneis programa Irene

Chegou tamén ó noso centro a exposición itinerante sobre violencia sexual na mocidade, coordinado pola concellería de igualdade, que permitiu ós nosos alumnos incidir nesta problemática que lles afecta directamente e non sempre son quen de identificar. 

A profesora de Valores Éticos Cristina Barrio acompañou ós seus alumnos na análise que propón a exposición.




4 de feb. de 2016

Danza

Unha das partes da programación da educación física comprende a expresión corporal e danza, a profesora Susana Piñeiro permitiunos entrar na súa aula e presentar unha nova percepción da danza contemporánea, e máis importante ainda do noso corpo. Logo os alumnos realizaron as súas propias coreografías.

Realizamos tamén accións a medio camiño entre danza, expresión corporal e performance nas que había claras referencias ó feminino e ás paisaxes. Esto xenera tamén novas relacións de cooperación grupal e o respecto ós nosos corpos.





3 de feb. de 2016

O ollo esquerdo de Castelao



Cúmprense 130 anos do nacemento de Castelao, e unindo esto ao proxecto de posta en valor da muller que estamos levando a cabo no instituto dentro do Plan Proxecta, fixemos gravados con matriz de acetato sobre papel, co alumnado de terceiro da ESO, escollendo na faceta de debuxante de Castelao as obras que representan mulleres.

PROCESO DE GRAVADO:

-Comezamos escollendo un dos debuxos de Castelao relacionados con temática femenina, ou onde os interlocutores son mulleres.

-Cambiamos a escala do debuxo e facémolo en espello, xa que necesitamos unha matriz inversa do debuxo final.

-Coa técnica de punta seca trazamos o debuxo cun punzón sobre un acetato transparente, de modo que facemos unha fenda onde vai quedar logo depositada a tinta.

-Entintamos, enchemos todo o acetato con tinta e espallámola cunha rasqueta para que se introduza na fenda.

-Limpamos a matriz (o acetato) con tea de tarlatana ata que só quede tinta nas fendas


-Humedecemos un papel de gravado

-Sobre o tórculo colocamos un rexistro (axúdanos a centrar o gavado), o acetato entintando e, cara abaixo, o papel de gravado e prensamos

-Limpamos a tinta sobrante na matriz para poder voltar a usala

(no gravado tradicional limítanse o número de copias que van numeradas a lápiz e logo destrúese a matriz) 





A montaxe a fixemos aproveitando as caixas de embalaxe das pantallas dixitais do centro.
E cada gravado vai nun marco cadrado con outro cartón detrás, o que lle dá volumen respeto do fondo.
 Debaixo un recadro co texto da viñeta.




A composición dos gravados fixémola formando outro cadrado.

                                                 


 



 O alumnado de primeiro de bacharalato fixo un traballo de homotecia co ollo esquerdo de Castelao, simbolizando a mirada creativa desenvolvida polo hemisferio dereito e captada polo ollo esquerdo.