Cúmprense
130 anos do nacemento de Castelao, e unindo esto ao proxecto de posta
en valor da muller que estamos levando a cabo no instituto dentro do
Plan Proxecta, fixemos gravados con matriz de acetato sobre papel, co
alumnado de terceiro da ESO, escollendo na faceta de debuxante de
Castelao as obras que representan mulleres.
PROCESO
DE GRAVADO:
-Comezamos
escollendo un dos debuxos de Castelao relacionados con temática
femenina, ou onde os interlocutores son mulleres.
-Cambiamos
a escala do debuxo e facémolo en espello, xa que necesitamos unha
matriz inversa do debuxo final.
-Coa
técnica de punta seca trazamos o debuxo cun punzón sobre un acetato
transparente, de modo que facemos unha fenda onde vai quedar logo
depositada a tinta.
-Entintamos,
enchemos todo o acetato con tinta e espallámola cunha rasqueta para
que se introduza na fenda.
-Limpamos
a matriz (o acetato) con tea de tarlatana ata que só quede tinta nas
fendas
-Humedecemos un papel de gravado
-Sobre o
tórculo colocamos un rexistro (axúdanos a centrar o gavado), o
acetato entintando e, cara abaixo, o papel de gravado e prensamos
-Limpamos
a tinta sobrante na matriz para poder voltar a usala
(no
gravado tradicional limítanse o número de copias que van numeradas
a lápiz e logo destrúese a matriz)
A montaxe a fixemos aproveitando as caixas de embalaxe das pantallas dixitais do centro.
E cada gravado vai nun marco cadrado con outro cartón detrás, o que lle dá volumen respeto do fondo.
Debaixo un recadro co texto da viñeta.
A composición dos gravados fixémola formando outro cadrado.
O alumnado de primeiro de bacharalato fixo un traballo de homotecia co ollo esquerdo de Castelao, simbolizando a mirada creativa desenvolvida polo hemisferio dereito e captada polo ollo esquerdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
cóntanos o que che parece