18 de dec. de 2015

ELASartistas

Tamara de Lempicka-Maruja Mallo

Imos facer un traballo sobre mulleres artistas no eido das artes plásticas.
A finalidade é visibilizar o traballo destas mulleres e constatar a desigualdade da súa presenza respecto dos seus compañeiros.

Atopamos un artigo moi interesante da revista píkara sobre a presenza das mulleres nas exposicións artísticas.


Cada quen vai escoller unha artista do eido internacional e outa do eido galego.
Non se trata de facer un traballo moi extenso, si de ler moito, anotar os datos importantes e redactar cadaquén un pequeno texto en galego que nos resuma a súa biografía, o traballo e analizar entre tres e cinco obras (datos da obra: título, data, técnica, dimensións e localización) dende os aspectos formais e técnicos (cor, luz, composición, estilo) ata os expresivos (temática, simboloxía, interpretación).

A continuación tedes algúns enlaces onde podedes atopar referencias para a escolla das autoras:

Artistas internacionais:

PAC plataforma de arte contemporáneo: festival miradas de mujeres
art discover artistas de arte contemporáneo
enfemenino  las mujeres más influyentes del mundo del arte
El País los museos las prefieren monas
Pintura y artistas mujeres pintoras de la historia
Generando Arte permitido indagar
Guerrilagirls reinventing the F word

Artistas galegas:

Pintores de Galicia wikipedia
Pintores de Galicia galipedia
Cultura galega mulleres e artes visuais (no final da web hai unha listaxe de enlaces)
Cultura galega mulleres e arte




estas son algunhas das escollidas:


tamén aproveitamos os momentos de clase nos que realizabamos as tarefas que permitían escoitar música para coñecer outras músicas referentes para as nosas alumnas, escoitamos a mulleres múscas deiqui, que realizan traballos fantásticos para valorarnos a nós mesmas.
Podemos destacar a Ses, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, e especialmente a Guadi Galego, que nos acompañou coa súa composición “Matriarcas” do seu disco Lúas de outubro e agosto.

 Guadi Galego MATRIARCAS
 Comenzan as historias
con homes encumados 
rematan sempre todas 
con mulleres que os salvaron 
da morte do intelecto 
de insectos que os picaron 
de turbias lendas vellas 
que non queren nen lembrar 
 e nos pouquiño a pouco 
imonos situando 
construindo barricadas 
no país dos alalas 
nos en corpo e alma 
nos comprando calma
nos cousa por cousa 
sen podernos despistar 

 nos aleitadoras 
nos conquistadoras 
brillantes activistas 
da vida cotian 
e nos que resistimos 
a seculos de forza 
e nos as matriarcas 
do pais dun tal Breogán 


17 de dec. de 2015

roteiro Bouzas-Alcabre

O 17 de decembro realizamos un roteiro por unha parte da beira da ría de vigo, dentro do límite municipal da cidade de Vigo.
Comezamos dende Bouzas, onde visitamos o IIM (Instituto de Investigacións Mariñas), ali traballadoras deste centro amosáronos parte do seu traballo e conseguimos facer unha breve entrevista con elas.  O grupo C mentres visitou o edificio da Zona Franca de Vigo, onde nos explicaron as actividades que se desenvolven nesta área e as condicións arancelarias especiais do tráfico de mercancías.
Logo da primeira visita fixemos un percorrido pola costa, partindo da praia do Adro, fronte a igrexa de S. Miguel de Bouzas, percorrendo a fronte marítima da antiga Vila de Bouzas, pasando por debaixo da ponte que conecta co recheo portuario e percorrendo as praias de Carril, Sta Baia e o Cocho, ata chegar ó museo do Mar. Neste percorrido recollimos dos areais restos de materiais plásticos que chegan de voltos do mar, co que faremos algun traballo de análise e reciclaxe.
No Museo do Mar fixemos un breve percorrido en grupos polas exposicións do museo, mentres visitabamos por turno o acuario de especies mariñas da ría.















7 de dec. de 2015

regalos de NADAL

No Nadal a tradición de que Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos nos traian presentes convirte esta época nunha das de maior consumo do ano, polo que propuxemos como traballo para os grupos de 4ºESO a reciclaxe de xoguetes, a elaboración propia de regalos e a busca de novas figuras femininas na tradición dos regalos de nadal. Traballamos ó mesmo tempo o volume, a iconografía, a análise das mensaxes publicitarias, e as propostas alternativas.

En 4º A a proposta era reciclar xoguetes, e que éstes tivesen mensaxes de igualdade, aplicadas a diferentes aspectos segun escollese cada alumna ou alumno. Bonecas ou bonecos con roles diferentes dos tradicionais, Animais que implicasen a inclusión do diferente ou calquera outra opción que axude a cambiar a ollada e a mensaxe do xogo.




En 4ºB propuxeron novas figuras femininas e novas tradicións para os regalos de Nadal.


En 4ºC fixeron regalos cunha mensaxe diferente da comercial dos regalos cos que nos bombardean nestas datas. Cadaquén escolleu a quen regalarllo.