17 de dec. de 2015

roteiro Bouzas-Alcabre

O 17 de decembro realizamos un roteiro por unha parte da beira da ría de vigo, dentro do límite municipal da cidade de Vigo.
Comezamos dende Bouzas, onde visitamos o IIM (Instituto de Investigacións Mariñas), ali traballadoras deste centro amosáronos parte do seu traballo e conseguimos facer unha breve entrevista con elas.  O grupo C mentres visitou o edificio da Zona Franca de Vigo, onde nos explicaron as actividades que se desenvolven nesta área e as condicións arancelarias especiais do tráfico de mercancías.
Logo da primeira visita fixemos un percorrido pola costa, partindo da praia do Adro, fronte a igrexa de S. Miguel de Bouzas, percorrendo a fronte marítima da antiga Vila de Bouzas, pasando por debaixo da ponte que conecta co recheo portuario e percorrendo as praias de Carril, Sta Baia e o Cocho, ata chegar ó museo do Mar. Neste percorrido recollimos dos areais restos de materiais plásticos que chegan de voltos do mar, co que faremos algun traballo de análise e reciclaxe.
No Museo do Mar fixemos un breve percorrido en grupos polas exposicións do museo, mentres visitabamos por turno o acuario de especies mariñas da ría.















Ningún comentario:

Publicar un comentario

cóntanos o que che parece