Outra proposta que plantexamos no centro foi a presenza de mulleres destacadas en diferentes áreas do coñecemento que podan servir de referente para o noso alumnado. Organizamos unha serie de charlas para os diferentes grupos, de modo que entre eles compartisen a experiencia e interés impiden o menos posible a marcha académica. Tentamos que fosen equilibradas e abranguesen diferentes eidos: a ciencia, a literatura, a filosofía e a creación artística.
Aproveitamos a ocasión para agradecer cun regalo simbólico a xenerosidade das participantes: un papel co selo do ollo esquerdo de Castelao asinado e adicado polas alumnas e alumnos, e unha caixa deseñada por eles que conten unha pola das árbores. Tamén pensamos e suxerimos que para estes programas debería existir unha dotación económica para as charlas e os paseos.
Este foi o programa final:
-18 de abril, 3ºA: 17:30-18:20 (8ª) AULA 3ºA
Facéndonos Persoas
a ollada na educación pública de Virginia Calviño (profesora de filosofía no IES Ribeira do Louro)
Facéndonos Persoas
a ollada na educación pública de Virginia Calviño (profesora de filosofía no IES Ribeira do Louro)
Virginia Calviño falou en 3º A da sua labor no IES Ribeira do Louro, donde desenvolve un proxecto que Amistia Internacional quixo levar os centros de ensinanza. O tema actúal é “Primeiro as persoas e logo as fronteiras”.
Ela entende a educación (igual ca nos) dunha forma holística, desenvolvendo nos rapaces un conxunto de capacidades, non únicamente conceptos, aprender a coñecerme, a relacionarme, ter valores e responsabilidade etc
Dentro deste interese polos dereitos humanos e a igualdade entre eles, entra, por suposto, a igualdade entre xéneros. Nesta linea contou un proxecto de investigación de mulleres da historia que fixeron algo importante e non aparecen nos libros de texto. Os rapaces vestironse delas e foron polas aulas actúando para dalas a coñecer.
-27 de abril, 3ºB: 11:50-13:55 (4ª-5ª) AULA 3ºB
Estudantes do IES Coia 2 en pé de igualdade,
Priscila Blanca Dani Himar e Sabina, coordenados por Mercedes Oliveira (profesora de Filosofía no IES Coia 2)
O grupo de 5 alumnos “Coia2 en pé de igualdade”, que leva traballando no tema da educación de xénero, dous anos coa profesora de filosofía Mercedes Oliveira, conseguiron enganchar os alumnos de 3º B con tal forza que se animaron a reproducila para os seus compañeiros de outras seccións (o que queda pendente para o ano e serve de nexo de continuidade de curso)
-29 de abril, 4ºA: 13:05-13:55 (5ª) AULA 4ºA
O poema inspira e respira,
Silvia Penas (escritora, gañadora do premio Avelina Valladares Núñez de poesía 2015, membro do proxecto cintaadhesiva)
Silvia penas, en 4º A ensinounos, por fin, o que é a poesía: un texto
que non ten porque rimar
pero é imprescindible
que soe ben,
(inda que escribas raro),
é muy frecunte
que conte sentimentos
tamén é importante saber
que todo vale.
E nolo contou de tal forma que daban ganas de facer poesia, alomemos unha na vida.
Silvia acompaña a sua poesia con musica e imaxes, asistimos a duas postas en escea suas, unha delas no mercado do Calvario
-3 de maio, 3ºC: 11:50-12:40 (4ª) AULA DEBUXO
3ºB: 13:05-13:55 (5ª) AULA DEBUXO
Seica animamos
Xoana Santos e Estela Suárez, (artista plástica e filóloga,videocreadoras de SEICA)
Xoana Santos e Estela Suárez explicaronnos os pasos dunha curta de animación. Como fan os monecos, a idea a contar (que é para ellas o mais importante), o estoriboard, os escenarios e a gravación, montaxe e resultado do seu último curto galardoado:
“Extrusión social”.
Nesta curta reflexan a forte presión que a sociedade exerce sobre as mulleres no seu aspeto físico, a obriga de mostrar bo aspecto a costa de pinturas, incomodidades e ata quirofanos. De ahí a, coidadosamente elixida, palabra extruxión.
-11 de maio, 4ºC: 11:00-11:50 (3ª) AULA DEBUXO
Detrás da cámara. A importancia do punto de vista na arte contemporánea,
A ollada de Carme Nogueira (artista plástica e profesora de debuxo no IES Castelao)
4º C tivo a sorte de escoitar a Carme Nogueira nuha charla sobre a importancia do punto de vista na arte. Carme percorreu o papel das mulleres na historia da arte contemporánea, tanto na súa representación como modelos coma o seu papel activo como artistas.
Falou das “Guerrilla girls” na loita pola representación da muller coma artista nos museos. Tamén doutros artistas que reivindican a diferencia, o punto de vista da controversia.
Falou de cidades con modelo de funcionamento comunitario, vivendas que comparten cociña por exemplo.
-10 de maio, 4ºA,B,PDC: 11:00-14:45 (3ª-6ª)
a ollada das mulleres no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Beatriz Gamallo (bióloga)
tamén se fará unha visita á biblioteca do centro de estudos feministas, unha actividade de debuxo ó aire libre e pola tarde visita á pinacoteca
-12 de maio, 4ºB,PDC,C: 11:50-12:40 (4ª) SALÓN DE ACTOS
Arquitectura e ría
na ollada de Guadalupe Piñera (arquitecta e profesora na ETSAC da Universidade da Coruña)
Guadalupe Piñera deunos unha lección de arquitectura con sensibilidade sobre tres das súas obras: departamentos para pescadores en Cangas, servicios del puerto de Bueu e centro de saúde de Domaio.
Ten moi en conta a presencia do mar, buscando resaltar as vistas, ten tamén moi en conta as persoas que van traballar no construido como as que van convivir con el. Os materiais son un resultado do proceso do diseño, non se impón, é o que pide o proxecto, o aceiro galvanizado foi o ideal en Cangas, xa que permiteu prefabricar moitas partes no taller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
cóntanos o que che parece