2 de maio de 2016

ELAS Activistas

4ºA:
Grupo1:    23 Xoana Rodríguez
        19 Carolina Marcos
        16 Uxía Riveiro
        06 Giorgia Arcidiacono
        01 David Alonso
GR1-14-proxecto ELASACTIVSTAS: recompilar accións de colectivos feministas
O obxectivo para este grupo é informarse sobre accións de colectivos feministas en diferentes eidos, para visibilizar o esforzo por acadar termos de igualdade, nas artes plásticas, na literatura, nas ciencias, nos movementos sociais.
Buscaremos redes de información e destacaremos aqueles proxectos ou propostas que nos parezan máis interesantes.
http://www.clasicasymodernas.org
https://www.latostadora.com/camisetas/feminista/


GUERRILLA GIRLS
­­Guerrilla Girls preséntanse como feministas, vengadoras enmascaradas, coa tradición da anonimidade, así como Robin Hood, Batman ou a Muller Fantástica”. Guerrilla Girls é un colectivo de mulleres activistas que se enfrentan ao sexismo, o racismo e la corrupción na política, a arte, o cinema e a cultura pop con feitos, humor e imaxes impactantes. Elas revelan a historia oculta, o texto en letra pequena, e o francamente inxusto. O seu traballo é coñecido aredor do mundo gracias aos seus seguidores incansables. Nestes anos teñen aparecido en 90 universidades, en museos e en varios textos artísticos e feministas. Son parte da campaña de Amnistía Internacional Contra a Violencia cara a Muller no Reino Unido e colaboran tamén con Greenpeace.


ELAS CREAN
No transcurso destes anos “Ellas Crean” tense convertido en catálogo e espelo de mulleres reais. Ten medrado en contidos, en nomes propios, en institucións e entidades que se teñen sumado con pasión a esta loita pola igualdade no ámeto da cutura. Nesta páxina podemos atopar pezas musicais, obras de teatro, cine, fotografía, danza, literatura e museos. Levan 12 anos con este movemento, que ten medrado en contidos. Colaboraron unha decena de museos e teñen xurdido moitos debates e discursos apoiando as causas plantexadas. Aqui podes atopar moitas mulleres con moitas experiencias e moitas cualidades que non terían sido descobertas.


MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento internacional de accións feministas que reúne grupos, organizacións de base e mulleres que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. Loitan contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os seus valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social. Os mesmos que se centran na globalización da solidariedade, na igualdade entre mulleres e homes, entre as propias mulleres e entre os pobos; o respecto e recoñecemento da diversidade entre as mulleres; na multiplicidade das estratexias; na valorización do liderado das mulleres, e no fortalecemento de alianzas entre as mulleres e outros movementos sociais progresistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

cóntanos o que che parece