18 de maio de 2016

a oliveira

Hoxe fumos ó cine a ver a película "el olivo" da directora Icíar Bollaín, unha película na que a protagonista, Alma, decide recuperar a oliveira do seu avó que fora vendida e enviada á sede dunha empresa en Duseldorf, Alemaña.


A película narra a necesidade que ten Alma de devolverlle ó seu avó unha conexión moi especial cunha árbore milenaria, que reflexa tamén a conexión dela mesma co seu avó e que parece que ninguén máis é quen de entender.
Esta película reflexa moi ben moitos dos temas que neste curso tratamos nas aulas: o respecto polas árbores, a natureza, e o legado que supoñen para a humanidade e cómo unha sociedade "moderna" non é quen de respectar. Trata tamén da visión do mundo a través dos ollos dunha rapaza que non se conforma coas cousas que suceden e pon todo o seu empeño en recuperar o que para ela é esencial. Trata do sufrimento na busca da verdade propia, dos sentimentos de arraigo máis profundos e cómo responder a eles con coherencia e decisión, co empeño nunha tarefa que parece imposible e inalcanzable.
Toca tamén as relacións que se establecen entre persoas e entendementos e desentendementos que ocorren.
Unha peli emocionante para quen teña sensibilidade, que non busca os triunfalismos excepcionais, pero si a modestia da coherencia e o respecto interior. A loita dos que non teñen poder pero poden.




Agradecer a Andrea, Candela, Sandra e Ana a súa compañía e o compartir estas sensacións que produciu en nós esta historia, e que modestamente penso que nos axuda a entender mellor o mundo.

Agradecer a Paloma o seu interés unha vez máis polo que tamén modestamente intentamos nas aulas.

Agradecer a Icíar Bollaín crear estas historias que nos emocionan e nos fan cambiar a perspectiva do mundo e da nosa existencia, á posibilidade de sentir e compartir.


Agradecer a todas estas mulleres a posibilidade de cambiar a perspectiva...

...a mellor.

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Un pracer, anha aprendizaxe mais este curso ao lado de Victor, e unha das maravillas desta profesión: ollar rapazas novas disfrutando de descubrir o mundo.

    ResponderEliminar

cóntanos o que che parece