6 de nov. de 2015

Ángeles Alvariño, unha científica galega


para inaugurar este proxecto sobre mulleres na contorna da Ría de Vigo visitamos a Fundación Barrié, onde nos falaron sobre a biografía de Ángeles Alvariño, bióloga e oceanógrafa á que se adica o día da ciencia en Galicia neste ano 2015.
A súa estadía en Vigo é breve: en 1952 consegue por oposición unha praza de oceanógrafa no Instituto Español de Oceanografia de Vigo, onde solicita unha bolsa do British Council para realizar unha investigación sobre plancto no Plymouth Marine Laboratory, onde colaborará con Sir Frederick Stratten Russell.
Neste enlace podedes  atopar toda a documentación que sobre ela nos ofrecen.


Na visita faláronnos da súa biografía e experimentamos sobre as cualidades da H2O
visita do IES Castelao na Fundación Barrié

Ningún comentario:

Publicar un comentario

cóntanos o que che parece