15 de nov. de 2015

25-N

cartel en proceso...
o 25 de Novembro é a data contra a violencia de xénero. Realizaremos varias actividades, xa que é un tema que nos afecta directamente e axuda a visibilizar as diferenzas das que ainda hoxe as mulleres son vítimas.

atopamos moita información sobre estatísticas dos casos de violencia en páxinas como o portal estatístico da delegación do goberno para a violencia de xénero, e outras referencias de datos non oficiais como o listado de feminicidios, onde aparecen máis casos en relación a esta problemática social, incluso cun mapa de casos por comunidades e lugares. O claro de todo este asunto é que este problema que ten orixe nos estereotipos de roles de xénero precisa ser tratado tamén dende o espazo educativo, e nel compartimos actividades, accións e lecturas para visiblizar a situación e reflexionar sobre ela mesmo na contorna máis próxima.
atopamos un artigo moi interesante que lemos na aula: "violencia de género y amor romántico" que trata de observar con espíritu crítico os estereotipos na conquista e as relacións de poder ou dominación que xurden.
En positivo, podemos visitar a páxina da marcha mundial das mulleres, que recolle a acción de diversas entidades que traballan para a igualdade, e onde aparece a carta mundial das mulleres para a humanidade.
-Vimos na aula de plástica unha reportaxe sobre a violencia de xénero na adolescencia titulada "aprendiendo a querer"
-O alumnado fixo propostas para un cartel que se vai instalar na rúa do Príncipe con motivo desta reivindicación, e que pronto poderemos ver exposto.
estamos en proceso...

22-N...xa está o cartel exposto na rúa do Príncipe, o mércores iremos velo en directo!



todo o proceso na aula de debuxo
a exposición na rúa do Príncipe o 25-N



a concentración en Urzaiz


Ningún comentario:

Publicar un comentario

cóntanos o que che parece